2013/04/30

Apoio ás despedidas de AGADER

Apoio ás despedidas de AGADER.

En novembro de 2012 AGADER despediu a 23 traballadoras logo de facer unha modificación da Relación de Postos de Traballo “feita a medida para despedir ao persoal que denunciara unha situación laboral irregular e que gañara os xuízos”. Agora, cando as sentenzas están declarando os depidos nulos, AGADER optar por pagarlles e deixalos na casa sen ocupación efectiva para evitar a súa readmisión.
Estes despedimentos, que tanto o persoal como a CIG consideraron no seu momento irregulares, están a ser declarado nulos nos diferentes xuízos que se están a celebrar e obrigan á súa readmisión.
A CIG solicitou, ante a coincidencia en todas as sentenzas ditadas até o momento, que se procedera á readmisión de todo o persoal despedido para evitar os custos económicos e persoais derivados desta situación. No canto diso, o ente non só non readmite ás persoas que aínda están agardando a que se dite sentenza, senón que ademais “opta por manter na casa aos traballadores con sentenza ditada, pagándolles o salario e sen darlles traballo efectivo” .
Nun momento no que a Xunta está a recortar en cousas tan graves como os comedores infantís, está tirando cartos, pagándolle ao persoal sen darlle traballo e habendo labores que desenvolver. “É unha estratexia para finalmente poder alegar que non saben onde recolalos nin que ocupación darlles”.
Fronte a isto, o persoal asegura que hai expedientes pendentes que acumulan meses de atrasos aos que se podería dar a axeitada tramitación se se contara con estas persoas para facer o que mellor saben: traballar.
Por todo o dito, esixo a que esa Consellería proceda a darlle un traballo efectivo ás traballadoras despedidas e deixe de malgastar os cartos públicos manténdoos na casa en base a unha estratexia política para evitar a súa readmisión.
Para:
Rosa María Quintana Carballo, Conselleira de Medio Rural
Antonio Crespo Iglesias, Director Xeral

Atentamente,
[Tu nombre]
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.