2012/09/04

MANIFESTACIÓNS


8 DE SETEMBR0 MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO

CIG - Novas da CIG
Luns, 03 Setembro 2012 11:14
O 8 de setembro está prevista unha multitudinaria manifestación en Santiago de Compostela en defensa dos servizos públicos organizada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos. A CIG fai un chamamento á unha masiva participación de toda a cidadanía nesta mobilización contra os recortes e apela á dignidade para seguir loitando contra o saqueo do pobo en favor da banca e o gran capital.
Están próximas novas medidas máis brutais que tomará o Goberno de Rajoy antes de finais de ano. As medidas reformistas que xa está tomando en todo o Estado, e das que en Galiza o goberno de Feijoo só trasladou algunhas para non queimarse antes das eleccións galegas, están provocando un gran malestar social. Maís aló do malestar, están demostrándose non só como sacrificios inútiles para saír da crise senón máis ben como medidas para afondarnos máis nela e poder seguir xustificando máis reformas.
Unhas reformas que só están favorecendo á banca e o gran capital cuxas desastrosas xestións da burbulla inmobiliaria e ansia especulativa estamos a pagar co coste de todas e todas nós, liquidando e recortando os nosos servizos públicos.
Para que desde a cidadanía poidamos expoñer dun modo vivo e duro a nosa oposición a este modelo de enfrontar a situación socio-económica, 18 organizacións de todo tipo convocamos para este sábado 8 ás 12 horas unha macromanifestación en Compostelas. Estamos nun momento histórico. Se estás en contra destas medidas que está a tomar o Partido Popular, non quedes na casa, expresa o teu descontento tamén na rúa.
Descargar cartaz
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.