2011/02/01

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 25 DE XANEIRO DE 2011

 .
.
ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL
DE GALICIA DO 25 DE XANEIRO DE 2011
ACTA 1/2011



ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar


Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López


Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos



En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 25 de xaneiro de 2011, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:


Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Proposta de solicitude de información do estado de desenvolvemento da Lei 15/2010 no que afecta a SODECO e situación actual dos convenios finalizados. Debate e aprobación, se procede.
Punto terceiro.- Proposta de solicitude de información do estado do programa de formación 2010. Debate e aprobación, se procede.
Punto cuarto.- Proposta de apoio á folga xeral convocada para o 27 de xaneiro. Debate e aprobación, se procede.
Punto quinto.- Achegas e preguntas



Punto primeiro:Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.


Punto segundo:CIG propón solicitar información do estado de desenvolvemento da Lei 15/2010 no que afecta a SODECO. Tras debater a proposta acórdase por unanimidade facer a solicitude por escrito ao Conselleiro Delegado e ao Director Xerente.


CIG e UGT propoñen solicitar información dos convenios. Tras debater a proposta acórdase por unanimidade solicitar información do estado actual dos convenios e previsión da súa continuidade ao Conselleiro Delegado e ao Director Xerente.


Punto terceiro:CIG e UGT propoñen solicitar información do programa de formación 2010 xa aprobado. Tras debater a proposta acórdase por unanimidade solicitar por escrito ao Director Xerente información relativa as datas da convocatoria e de realización.

Punto cuarto:
CIG propón que o Comité de Empresa apoie a folga xeral convocada para o 27 de xaneiro. UGT e CCOO indican que non apoian esta folga convocada polo que a proposta é aprobada por cinco votos a favor (CIG) e catro votos en contra (UGT e CCOO).

Punto quinto:
Non se formularon achegas nin preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 13:45h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

.
.

 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.