2010/08/10

NOTA INFORMATIVA COMITÉ DE EMPRESA 10 DE AGOSTO DE 2010

 .
.

O Comité de Empresa informa en relación coa reducción salarial do 5%

O 10 de agosto de 2010 o Director Xerenta de SODECO fai entrega ó comité a comunicación da redución na que se explica que farase con efectos do 1 de xuño de 2010. A redución será do 5% das contías de cada uns dos conceptos que integran a nómina de todos os trabaladores/as.

En consecuencia a redución do 5% se aplicará na nómina de agosto, a correspondente aos meses de xuño e xullo farase na paga extraordinaria de decembro. 

Comité de Empresa, 10 de agosto de 201
.
.

2010/08/06

A XUNTA APROBA A PRIMERA NORMA PARA ORDENAR, REGULAR E RACIONALIZAR NA SÚA TOTALIDADE O FUNCIONAMENTO DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA INCLUIDA A ADMINISTRACIÓN PARALELA

05/08/2010 | Xunta de Galicia

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou este mediodía a aprobación, no Consello da Xunta, do anteproxecto de Lei de organización e funcionamento da Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia que, “por primeira vez en trinta anos de democracia”, ten por obxecto ordenar, regular e racionalizar a totalidade da administración autonómica incluída a administración paralela. “Trátase –explicou o presidente da Xunta- fundamentalmente de instalar un cambio de cultura cara unha administración máis transparente; cara unha administración máis profesionalizada que consiga un mellor rendemento e que reduza o gasto público”. 

Feijóo, que afirmou que o texto suplirá un baleiro no ordenamento xurídico galego que xa fora posto de manifesto polo Consello Consultivo no ano 2001, destacou que o compromiso coa transparencia e o compromiso coa ética política queda concentrado nesta lei. “ Trátase –dixo- dun proxecto de lei para evitar duplicidades, para incrementar as garantías de transparencia, para reducir o gasto público e para disciplinar aos xestores a cumprir as leis e non en buscar organismos paralelos para non cumprir as leis do sector público”.  

Un compromiso coa transparencia e coa redución do gasto público
Neste sentido, lembrou que o Goberno galego está comprometido en reducir o custe que supón a administración pública aos cidadáns. “E hai un esforzo de austeridade que vai a continuar durante toda a lexislatura que xa deu os seus froitos reducindo entre un 30% e un 50% número de asesores, número de altos cargos, os custes do parque móbil, etc. E estamos comprometidos en limitar a externalización das actividades da Xunta cando temos medios e recursos propios que o posibiliten”. 

Así mesmo, o titular da Xunta subliñou o compromiso de “refundir, extinguir ou fusionar 46 organismos, empresas, fundacións ou entes, cun aforro xa conquerido -a data de hoxe- de máis de 8 millóns de euros”. “E estamos comprometidos –engadiu- en transparentar o funcionamento da administración paralela e de feito é a primeira vez que os presupostos da administración paralela están nos presupostos que aproba o Parlamento de Galicia e a lei dos presupostos do ano 2010”.  

Na rolda de prensa posterior ao Consello, Feijóo reiterou que con este texto búscase unha administración estruturada e unha administración transparente que supoña a regulación e a aplicación de medios electrónicos no funcionamento dos órganos colexiados; que supoña un maior control na contratación de entidades do sector público e que supoña unha regulación por lei na administración paralela da Xunta de Galicia. ”Ata o de agora –dixo- había unha carencia de modelo de regulación o cal provocou unha descoordinación e unha disfuncionalidade en moitos entes e administracións e pouco rigorosas desde o punto de vista dos principios de mérito e capacidade no acceso ao emprego público e nos principios de concorrencia no ámbito da adxudicación de contratos”. 

Segundo Feijóo, esta lei crea e define, por primeira vez, os únicos entes que poden existir na comunidade autónoma: organismos autónomos, axencias autonómicas, entidades públicas empresariais ou consorcios autonómicos. “Pode haber outras entidades instrumentais, sociedades mercantís públicas autonómicas e fundacións do sector público autonómico. E a partir de aí non pode haber nada máis. Temos o compromiso nun prazo máximo dun ano de acomodar todos os entes existentes a estas categorías”, matizou.  

Deste xeito, Feijóo subliñou que, a partir de agora, hai un procedemento previo e obrigado antes de crear ningún organismo. “Hai que avaliar a necesidade dese organismo, hai que avaliar a necesidade de que ese organismo non ten funcións que se solapan con outros e hai que avaliar a súa viabilidade económica”, explicou. 

Apoio maioritario dos sindicatos
Por último, o presidente da Xunta quixo agradecer ás centrais sindicais “o seu compromiso coa administración autonómica, coa súa regulación, co seu funcionamento e co deseño da administración paralela, xa que todas as centrais sindicais, salvo unha, ampararon onte este proxecto de lei”.  

“Agradezo o esforzo que se fai desde as organizacións sindicais porque entenden que agora queda garantido o mérito, a publicidade na selección de persoal e a capacidade e a concorrencia na selección de contratos. E queda regulado a mobilidade de persoal das entidades instrumentais para poder concursar a todo o sector público autonómico; e tamén se unifican os procedementos de elaboración de listas de postos de traballo temporais que podan prestar servizos temporalmente en algún organismo que pola súa propia función necesita persoal temporal durante un espazo de tempo”, concluíu.

EidoLocal 6/8/2010

2010/08/05

CIG SODECO INFORMA 5 DE AGOSTO DE 2010. RESOLUCIÓN DO ACTO DE CONCILIACIÓN SOBRE O CONFLICTO COLECTIVO DO 29 DE XULLO

.
.
Estimad@s compañeir@s,

CIG informou o 2 de agosto sobre o conflicto colectivo presentado polo Comité de Empresa de SODECO. quedando convocado para hoxe 5 de agosto un acto de conciliación na Consellería de Traballo e Benestar.

Presentes no acto o representante do Comité de Empresa de SODECO, o representante da CIG e o representante de CC.OO., e os representantes de SODECO así como o Xefe de sección de Relacións Laborais e o representate da Dirección Xeral de Relacións Laborais. 

Logo de oido os asistentes, dáse por concluido o acto co resultado de SEN AVINZA.

Estamos á vosa disposición, un saúdo,
.
.

ESTATUTO DOS TRABALLADORES. EDICIÓN CONMEMORATIVA DO 25 ANIVERSARIO CO TEXTO INICIAL E TEXTO VIXENTE

.
.
.

2010/08/02

Alberto Núñez Feijóo - Presidente de la Xunta - "Voy a recolocar funcionarios y eliminar contratados"


.

 Noticia publicada no Faro de Vigo  1 de agosto de 2010
.
.

CIG SODECO INFORMA 2 DE AGOSTO DE 2010 - PRESENTADO CONFLICTO COLECTIVO

.
.
Estimad@s compañeir@s,

Como sabedes, este 21 de xullo a empresa comenzon a comunicar individualmente aos/ás traballadores/traballadoras que, rematado o período de consultas por modificación substancial das condicións de traballo sen acordo entre empresa e comité, procederase con efectos do 1 de xuño de 2010 á redución nun 5% das contías de cada un dos conceptos retributivos que integran a nómina.

Contra esta decisión da empresa, o Comité acordou por unanimidade reclamar en conflito colectivo, demanda presentada na Dirección Xeral de Relacións Laborais o xoves 29 de xullo. Esta demanda entregouse conxuntamente tras conversas entre os servizos xurídicos dos sindicatos CIG, UGT e CCOO.

A empresa, Comité e sindicatos están citados para o vindeiro xoves 5 de agosto na Consellería de Traballo e Benestar a un acto de conciliación. Seguirase informando sobre este proceso iniciado.

.
.
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.