2010/05/31

NOTA INFORMATIVA CIG 1 DE XUÑO DE 2010

Os vosos representantes CIG queremos facer as seguintes aclaracións en relación á folga convocada no sector público para o vindeiro 8 de xuño como rexeitamento das medidas adoptadas no Real Decreto Ley 8/2010 para a reducción do déficit público, e do que xa vos informamos o pasado 24 de maio:

1. Analizado o texto do Real Decreto e consultada a asesoría xurídica da CIG concluímos que as medidas de reducción salarial NON SON DE APLICACIÓN ao persoal de SODECO, en base á Disposición Adicional Novena:
Disposición adicional novena. Normas especiales en relación con determinadas entidades del sector público a efectos de la aplicación de la reducción salarial prevista en este Real Decreto-ley con efectos 1 de junio de 2010.

Lo dispuesto en la Ley 26/2009, de 23 de diciembre, de Presupuestos Generales del Estado para 2010, en la redacción dada por el presente Real Decreto-Ley en lo relativo a la reducción salarial, no será de aplicación al personal laboral no directivo de las sociedades mercantiles a que se refiere el apartado Uno.g) del artículo 22 de la citada Ley ni al personal laboral no directivo de las Entidades Públicas Empresariales RENFE, ADIF y AENA, salvo que por negociación colectiva las partes decidan su aplicación.

2. CIG, como organización sindical, convoca folga no sector público para o 8 de xuño co seguinte texto:

Que por medio do presente escrito veñen a concretar a convocatoria de Folga Legal de 24 horas de duración nos seguintes ámbitos:
· De persoal docente e non docente non universitario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
· Do persoal docente e non docente da USC, da UVigo e da UDC.
· Ao persoal estaturario, funcionario e laboral, así como ao persoal con contrato en formación ou persoal residente en formación: MIR, PIR, FIR, EIR… que presta os seus servizos nos centros de traballo do Servizo Galego de Saúde.
· Á totalidade da plantilla de traballadoras e traballadores que desenvolven a súa actividade profesional nas diferentes administracións públicas existentes en Galiza: Administración periférica do estado (incluíndo Correos, autoridade portuaria, axencia estatal tributaria…), administración autonómica, administración de xustiza e administración local de Galiza, incluídos entes públicos e organismos autónomos, Sociedad Estatal de Correos e Telégrafos S.A.

A folga desenvolverase o día 8 de xuño de 2010, iniciándose a Folga ás 00:00 h. e rematando as 24:00 horas da mencionada data. Naqueles centros de traballo que teñan varias quendas o turnos de traballo o comezo da folga efectuarase á hora de entrada da primeira quenda e a súa finalización co remate da última quenda.
Os motivos nos que se fundamenta a convocatoria de Folga son:

Rexeitamento das medidas propostas polo goberno do estado español en contra da crise. Concretamente o rexeitamento e petición de derrogación do R. D. 8/2010 de "medidas extraordinarias para a redución do déficit público"
Nesta convocatoria de folga que fai a CIG, están incluídos os entes públicos e os organismos autónomos, MAIS NON AS SOCIEDADES MERCANTÍS, que como SODECO non se ven afectadas polo recorte salarial.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 25 DE MAIO DE 2010 ACTA 06/2010

.
.

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 25 DE MAIO DE 2010 ACTA 06/2010




ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 25 de maio de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Análise das propostas presentadas para os cursos de formación. Preparación de informe final para dar resposta a Recursos Humanos.
Punto terceiro.- Achegas e preguntas


Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
Acordouse por unanimidade entregar ao Director Xerente a totalidade dos cursos demandados cos seu detalles e presuposto, así como solicitarlle unha reunión para este tema. Acordouse asemade enviar unha nota informativa a todos/as os/as traballadores/as co resumo dos cursos presentados.

Punto terceiro:
Dominique Aller solicita que nas comunicacións do Secretario que se fagan como respostas ou como aclaracións á consideracións dos membros do Comité de Empresa, se faga referencia á toda a cadea de mensaxes orixinados para non perder fío do tratado. O Presidente indica que así se fará e se lle dará traslado ao Secretario, ausente nesta sesión.

Elena Bernárdez pregunta se hai algunha novidade no borrador de Anteproxecto de Lei. O Presidente indica que ata o de agora non se recibiu comunicación algunha. Acórdase por unanimidade facerlle esta pregunta ao Director Xerente na xuntanza de formación.

Roberto Blanco indica que o xeito de comunicación por parte da Dirección dalgunhas cuestións como xxxxxxxxxx non está sendo todo o discreto que debería ser. Acórdase por unanimidade comentarlle este tema ao Director Xerente na xuntanza de formación.

O Presidente fai lectura dun escrito dirixido pola traballadora xxxxx xxxxx, do Centro Comarcal de xxxxxxxxxx, reclamando o calendario de vacacións posto que no Centro non teñen constancia da aceptación da súa solicitude de vacacións. Acórdase por unanimidade solicitarlle por escrito ao Director Xerente a publicación do calendario de vacacións en todos os Centros Comarcais.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:00h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.

2010/05/24

Real Decreto-ley 8/2010, de 20 de mayo, por el que se adoptan medidas extraordinarias para la reducción del déficit público

.
.

DESCARGA:

Resumo da Mesa Xeral da Función Pública en Madrid

O xoves 20 de maio, xuntouse a Mesa Xeral da Función Pública en Madrid, e a CIG exixe a retirada das medidas de reducción do déficit público.
Nesta reunión a Administración non fixo entrega de ningún documento, limitouse verbalmente a dar a pouca información á que estaban autorizados, e remitiunos ao que acordase o Consello de Ministros que se xuntou ás 16:30 h. Para esta perda de tempo, mellor que non nos convocasen !!
O Goberno vai elaborar un Decreto Lei que ten que ser ratificado polo Parlamento Español, decreto que conterá, cando mínimo, as seguintes materias:

Persoal funcionario e Estatutario

O Decreto do goberno Español conterá, con carácter xeral, unha redución que será de aplicación ás retribucións básicas de todas/os as/os empregadas/os públicos: soldo base e antigüidade.
A redución a aplicar nas retribucións complementarias será competencia das CCAA para que o apliquen conxuntamente a todas/os as/os empregadas/os públicos, ou sectorialmente (que cada Consellaría determine as reducións a aplicar).
Os efectos económicos da redución serán desde o dia 1 de xuño de 2010. A paga extra do mes de xullo non ten redución.

Persoal Laboral

Para aplicar as medidas a este persoal van facer uso das facultades que lles confire o Estatuto Básico do Empregado Público (se non, non llo poderían aplicar), xa que as súas retribucións determínanse de acordo coa lexislación laboral e o convenio colectivo que lles sexa de aplicación. En base a isto, a redución salarial ten que ser directa e individualizada, fora do ámbito da negociación colectiva (parabéns aos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, parabenizadores e asinantes do Estatuto Básico).

Empresas públicas e persoal próximo á xubilación

A Presidenta da Mesa Xeral non tiña información de como se lle van a aplicar estas medias ás empresas públicas e outros entes.
A Admínistración valorará a aplicación destas medidas ao persoal que este próximo á xubilación, aínda que non lle afectará ao persoal de MUFACE.

Fondos de pensións

Como remate, un dato importante: manteráse o 0,3% de masa salarial para os fondos de pensións no 2010, 0,5% para o 2011 e 0,7% para o 2012. Parécenos unha inmoralidade que os salarios estean afectados, e os fondos de pensións sigan alimentando os petos dos poderes financieiros e dos sindicatos que participan na súa xestión.
So así podemos entender o firme interese dos sindicatos estatais en excluir á CIG da unidade sindical ao forzar que tivesemos que aceptar o que no seu día non aceptamos: a demanda de manter as cantidades para os fondos de pensións como reivindicación básica para a unidade sindical.
A CIG pediu na Mesa a retirada do conxunto das medidas de recorte salarial.

Máis información no web da CIG-Autonomica.

http://autonomica.cigadmon.org
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.