2010/01/28

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 27 DE XANEIRO DE 2010

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 27 DE XANEIRO DE 2010
ACTA 01/2010



ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Durán
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 27 de xaneiro de 2010, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Proposta de novo envío ao Conselleiro Delegado da solicitude do 23 de novembro. Debate e aprobación, se procede
Punto terceiro.- Proposta de solicitude de taboleiros de información nos Centros Comarcais. Debate e aprobación, se procede
Punto cuarto.- Proposta de utilización do taboleiro do Comité de Empresa para os sindicatos integrantes. Debate e aprobación, se procede
Punto quinto.- Proposta de solicitude de asignación dos contratos de obra ou servizo a varios convenios. Debate e aprobación, se procede
Punto sexto.- Proposta de solicitude de información da previsión de convocatoria de prazas. Debate e aprobación, se procede
Punto sétimo.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
Tras debater o segundo punto todos os presentes se amosaron de acordo en enviar de novo ao Conselleiro Delegado a solicitude xa enviada o 23 de novembro así como a súa ampliación do 21 de decembro referente á solicitude da certificación dos acordos adoptados en materia de persoal no Consello de Administración do 1 de decembro de 2009. Apróbase por unanimidade.

Punto terceiro:
Apróbase por unanimidade a solicitude de taboleiros de información para o Comité de Empresa para instalar nos Centros Comarcais. Dirixirase esta petición ao Director xerente.

Punto cuarto:
CIG indica que se fai necesario un espazo de publicación propio para información dos sindicatos integrantes do Comité de Empresa. Apróbase por unanimidade a utilización do taboleiro do Comité de Empresa para este fin, respectando sempre a preferencia de espazo para a información común.

Punto quinto:
UGT indica que os novos contratos por obra e servizo deberían asignarse na medida do posible a varios convenios con vistas a obter maior estabilidade laboral. CIG indica que a potestade de establecemento das obras ou servizos corresponde sempre á empresa e que o feito de que nun contrato de traballo figure máis dun convenio non garante máis estabilidade laboral. Tras debater esta cuestión acordouse consensuar o seguinte texto de solicitude dirixida ao Director Xerente:
          “Propoñer que as novas contratacións por obra ou servizo se fagan en condicións de máxima estabilidade laboral e que na medida do posible ditas contratacións estean suxeitas aos diferentes convenios vixentes asinados pola empresa; sempre e cando as funcións a desempeñar no posto se adecúen a estes convenios.”
 Apróbase por unanimidade.

Punto sexto:
UGT indica que para pedir a previsión de convocatoria de prazas é imprescindible contar coa certificación dos acordos adoptados en materia de persoal no Consello de Administración do 1 de decembro de 2009. Acórdase por unanimidade insistir nesta petición, como así se acordou xa no punto segundo. CIG lembra que a petición de creación de novas prazas foi xa solicitada ao Conselleiro Delegado no escrito do 23 de novembro e que aínda estamos á espera da resposta. Acórdase por unanimidade deixar este punto como xa integrado no punto segundo.

Punto sétimo:
M.J. Dorrego propón insistir tamén na solicitude ao Director Xerente do 23 de novembro de 2009, xa que dos oito puntos solicitados tan só foi contestado o sétimo. Acéptase a proposta por unanimidade engadindo esta petición ás acordadas nos puntos terceiro e quinto.

Dáse por finalizada a sesión ás 14:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.


SODECO tuenti iPad facebook iPad

2010/01/20

DOG - CONSELLERÍA DE FACENDA - 20 de Xanerio de 2010

Orde do 14 de xaneiro de 2010 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2010.

DOG - DISPOSICIÓNS XERAIS - CONSELLERÍA DE FACENDA - 11 de Xaneiro de 2010

Orde do 4 de xaneiro de 2010 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de decembro de 2009 polo que, en aplicación do disposto no artigo 97.2º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, se aproba o réxime de fiscalización limitada previa para determinados expedientes de gasto.

Descarga pdf



 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.