2009/11/20

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO 18 NOV 2009


ACTA DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA
DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA DO
18 DE NOVEMBRO DE 2009

ASISTENTES:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

En Santiago de Compostela, sendo as 9:30 horas do día 18 de novembro de 2009, reúnese en sesión ordinaria o Pleno do Comité de Empresa no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia coa asistencia das persoas anteriormente relacionadas, segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da reunión anterior
Punto segundo.- Debate e aprobación, se procede, da modificación do Regulamento de Réxime Interno
Punto terceiro.- Elección dos Delegados de Prevención
Punto cuarto.- Debate e aprobación, se procede, da solicitude dunha reunión co Conselleiro Delegado e puntos a tratar nela
Punto quinto.- Achegas e preguntas

Punto primeiro:
Foi lida e aprobada por unanimidade a acta da reunión anterior.

Punto segundo:
As propostas de modificación presentadas por cada grupo foron as seguintes:

CIG:
Artigo 2. Proponse actualizar a redacción á composición actual do Comité.
Artigo 3.5. Proponse modificar o número de membros da Comisión Permanente de dous a cinco.
Artigo 8. Proponse engadir o texto: “Poderase reunir no mesmo día da convocatoria”.
Artigo 9. Proponse que as reclamacións e propostas dos traballadores se podan presentar por escrito datado e asinado a calquera membro do Comité.

UGT:
Artigo 2. Proponse actualizar a redacción á composición actual do Comité.
Artigo 3. Proponse eliminar a figura do Tesoureiro. Isto implica tamén eliminar o artigo 3.4 e o artigo 6.
Artigo 3.1. Proponse que os delegados sindicais que pretendan asistir ao pleno o fagan previo aviso e se propón eliminar a referencia aos representantes doutros centros da Xunta de Galicia.
Artigo 3.5. Proponse modificar o número de membros da Comisión Permanente de dous a cinco.
Artigo 11. Proponse rebaixar a porcentaxe de traballadores para solicitar Asemblea do 33% ao 20%.
Disposición Adicional cuarta. Proponse engadir o castelán como idioma oficial do Comité.

CCOO:
Artigo 2. Proponse actualizar a redacción á composición actual do Comité.
Artigo 3.1. Proponse eliminar a referencia aos representantes doutros centros da Xunta de Galicia.
Artigo 9. Proponse que as reclamacións e propostas dos traballadores se podan presentar por escrito a calquera membro do Comité.
Disposición Adicional cuarta. Proponse engadir o castelán como idioma oficial do Comité.

Debatido o Artigo 2 acordouse por unanimidade que a súa redacción quede do seguinte xeito: “O Comité de Empresa está composto por nove membros que, de conformidade cos resultados obtidos nas eleccións celebradas o martes 1 de outubro de 2007 e o mércores 28 de outubro de 2009, quedan distribuídos do seguinte xeito:
  • - Cinco membros en representación da CIG
  • - Tres membros en representación de UGT
  • - Un membro en representación de CCOO”

Debatido o Artigo 3.1 acordouse por unanimidade que a súa redacción quede do seguinte xeito: “O Pleno, estará composto polo Presidente, o Secretario e o resto dos membros do Comité de Empresa. Así mesmo, poderán asistir previo aviso os delegados sindicais dos sindicatos nos termos previstos no artigo 10.3 da Lei Orgánica de Liberdade Sindical, con voz pero sen voto.”

Debatida a proposta de eliminación da figura do Tesoureiro, acordouse por unanimidade proceder a dita eliminación, que polo tanto implica:
  • - No Artigo 3, suprimir O Tesoureiro como órgano do Comité de Empresa.
  • - Suprimir o Artigo 3.4.
  • - Suprimir o Artigo 6.

Debatido o artigo 3.5 acordouse por unanimidade ampliar o número de membros da Comisión Permanente de dous a cinco.

Debatido o Artigo 8 acordouse por unanimidade engadirlle o texto: “Poderase reunir no mesmo día da convocatoria”.

Debatido o Artigo 9 acordouse por unanimidade que a redacción das últimas liñas quede do seguinte xeito: “... poderán poñelo en coñecemento do Comité de Empresa mediante un escrito datado e asinado e dirixido a calquera membro do Comité”.

Debatido o Artigo 11, na proposta de UGT de rebaixar a porcentaxe de traballadores para solicitar Asemblea do 33% ao 20%, a CIG expuxo que este artigo é reprodución redundante do Estatuto dos Traballadores no seu Artigo 77.1 e que polo tanto non se debería modificar este punto. Aceptouse o argumento e se acordou por unanimidade non modificar o Artigo 11.

Debatida a Disposición Adicional Cuarta acordouse por unanimidade que a súa redacción quede do seguinte xeito: “Cuarta.- Os idiomas oficiais do Comité de Empresa serán o galego e o castelán.”

Facúltase ao Secretario para que redacte a nova versión do Regulamento de Réxime Interno para a súa sinatura e aprobación definitiva na seguinte sesión do Pleno.

Punto terceiro:
Presentáronse tres candidatos a Delegados de Prevención:
Pola CIG: Gonzalo González Bernárdez, que xa viña ostentando este cargo.
Por UGT: María Elena Bernárdez López.
Por CCOO: María Dolores Rodríguez Campos.
Non habendo máis candidatos acordouse por unanimidade que os tres presentados serán os designados polo Comité de Empresa como Delegados de Prevención e que formarán parte do Comité de Seguridade e Saúde.

Comunicarase á Dirección da Empresa esta designación.

Punto cuarto:
As propostas de puntos a tratar na reunión co Conselleiro Delegado presentadas por cada grupo foron as seguintes:
CIG:
- Solicitar reunión de presentación do Comité de Empresa e a asistencia de todos os seus membros.
- Preguntar polo estado de tramitación da Lei 12/2008.
- Solicitar do Conselleiro Delegado unha presentación ante todos/as os/as traballadores/as. A título administrativo proponse solicitar do Director Xerente as seguintes cuestións:
- Relación de altas e baixas de contratos na empresa nos últimos meses.
- Actualización da última RPT publicada.
- Relación de traballadores/as con flexibilidade horaria concedida por conciliación da vida laboral e familiar co horario solicitado e comunicación daquelas solicitudes presentadas nos últimos meses.
- Relación de horas extraordinarias realizadas nos últimos meses.
- Comunicación dos TCs.
- Ratificar a concesión da sala de reunións do Comité de Empresa con especificación da súa preferencia de uso.
- Designación do terceiro representante da empresa no Comité de Seguridade e Saúde.
UGT:
- Solicitar reunión de presentación do Comité de Empresa e a asistencia de todos os seus membros.
- Preguntar polo estado de tramitación da Lei 12/2008.
- Preguntar pola situación e futuro dos contratos por obra e servizo e transmitir a necesidade de creación de novas prazas.
A título administrativo proponse solicitar do Director Xerente a relación dos convenios vixentes asinados pola empresa e que contan con contratos de obra ou servizo.
CCOO:
- Solicitar reunión de presentación do Comité de Empresa e a asistencia de todos os seus membros.
- Preguntar polo estado de tramitación da Lei 12/2008.
- Preguntar pola situación e futuro dos contratos por obra e servizo e transmitir a necesidade de creación de novas prazas.

Debatidas as distintas propostas acordouse por unanimidade aprobar todas e cada unha delas. O Presidente será o encargado de facer as comunicacións ao Conselleiro Delegado e ao Director Xerente.

Punto quinto:
Non se formularon achegas e preguntas.

Dáse por finalizada a sesión ás 11:30h. En proba de conformidade todos os asistentes asinan a presente Acta no lugar e data recollidos no encabezamento desta.



2009/11/13

ACTA DE CONSTITUCIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA



ACTA DE CONSTITUCIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA

DA SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O
DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA

En Santiago de Compostela, sendo as 13:00 horas do día 12 de novembro de 2009, reúnense, no centro de traballo da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia as persoas que a continuación se citan:

Pola CIG:
Manuel Jorge Dorrego Taín
Gonzalo González Bernárdez
Roberto Blanco Martínez
Carolina Sevilla Carbón
Ana Isabel Paz Villar

Por UGT:
Dominique Aller González
Inmaculada Serantes Duran
María Elena Bernárdez López

Por CCOO:
María Dolores Rodríguez Campos

A finalidade desta reunión é a de constituír o novo Comité de Empresa da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia tras as eleccións parciais celebradas para a elección de 7 representantes e segundo a seguinte orde do día:

Punto primeiro.- Constitución do novo Comité de Empresa
Punto segundo.- Elección de Presidente/a
Punto terceiro.- Elección de Secretario/a
Punto cuarto.- Rogos e preguntas

Punto primeiro:
Acórdase por unanimidade constituír o Comité de Empresa da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia cos nove representantes dos traballadores citados.

Punto segundo:
Preséntase como único candidato a Presidente o representante da CIG Manuel Jorge Dorrego Taín. Procédese á votación co resultado de 5 votos a favor (CIG) e 4 abstencións (UGT e CCOO). Ao obter a maioría absoluta na primeira votación queda elixido Manuel Jorge Dorrego Taín como Presidente.

Punto terceiro:
Preséntase como único candidato a Secretario o representante da CIG Gonzalo González Bernárdez. Procédese á votación co resultado de 5 votos a favor (CIG) e 4 abstencións (UGT e CCOO). Ao obter a maioría absoluta na primeira votación queda elixido Gonzalo González Bernárdez como Secretario.

Punto cuarto:
Non se formularon rogos e preguntas.



 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.